Cargando resultados...
A Policía detén cinco persoas nun operativo contra o tráfico de drogas en Pontevedra
Os axentes realizaron tres rexistros en domicilios e nun establecemento hostaleiro

G24.gal
18/06/2025 11:40
Última actualización 18/06/2025 12:11
Axentes da Udyco da Policía Nacional, xunto a efectivos da Policía Local, participan a esta hora nun operativo contra o tráfico de drogas en Pontevedra.
Desde primeira hora da mañá están a realizarse rexistros en tres localizacións: dous domicilios do centro da capital pontevedresa e nun establecemento hostaleiro.
Fontes policiais sinalaron que o operativo está dirixido contra un grupo criminal que distribuía cocaína na cidade de Pontevedra, e polo momento hai cinco detidos e comisouse droga, nunha cantidade aínda por determinar.