Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía desprega un operativo antidroga no barrio de Covadonga, en Ourense

A Policía desprega un operativo antidroga no barrio de Covadonga, en Ourense

Nos últimos meses incrementáronse as queixas veciñais pola inseguridade na zona e nos barrios próximos da Ponte, o Vinteún e o Pino

G24.gal 04/06/2025 14:48 Última actualización 04/06/2025 15:09

Un amplo dispositivo da Policía Nacional, con axentes chegados de fóra da provincia, controlaba estes mércores á mañá os accesos ao barrio ourensán de Covadonga, unha zona vencellada á venda e consumo de estupefacientes, e levaba a cabo rexistros en varias vivendas. Hai detidos aínda que polo momento descoñécese cantos. 

O subdelegado do Goberno, Eladio Santos, confirmou "unha operación que vén desenvolvendo desde hai semanas, en coordinación coa Policía, Fiscalía e autoridades xudiciais que deu hoxe como resultado a intervención en varios domicilios da provincia", na loita contra o narcotráfico.

A intervención policial lévase a cabo tras as queixas dos veciños pola inseguridade e o incremento da delincuencia nos barrios da Ponte, o Vinteún e o Pino, barrios lindeiros a este de Covadonga e a estación de tren.

Dende a Delegación do Goberno esta mesma mañá facían unha chamada á tranquilidade dos cidadáns e a deixar actuar as forzas de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade