Evacuadas cinco persoas polo choque dun turismo e un camión en Cerceda
Unha foi trasladada en helicóptero e as outras catro en ambulancia

Cinco persoas tiveron que ser evacuadas, unha delas en helicóptero, tras chocar un turismo e un camión na AC-413, ao seu paso polo municipio coruñés de Cerceda.
Segundo indicou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 13:30 horas deste venres e foi un particular o que deu a voz de alarma.
Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago, os Bombeiros de Ordes, a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.
Unha vez no punto, os Bombeiros tiveron que liberar dúas persoas que viaxaban no turismo e axudar a saír outra. En total, trasladaron a cinco persoas, unha delas en helicóptero e os outros catro en ambulancia.