Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home tras ser rescatado inconsciente da auga en Viveiro

Falece un home tras ser rescatado inconsciente da auga en Viveiro

O suceso tivo lugar na praia de Celeiro

G24.gal 27/06/2025 17:18 Última actualización 27/06/2025 18:22

Un home faleceu este venres na praia de Celeiro, no concello lucense de Viveiro, tras ser rescatado inconsciente da auga, segundo informou o 112 Galicia.

O aviso produciuse arredor das 14:20 horas, cando unha persoa particular alertou dos feitos.

Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios, forzas da orde e bombeiros, pero os intentos de reanimación resultaron infrutuosos e non puideron salvarlle a vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade