Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falecida unha persoa tras caer nunha zona de rochas no porto da Guarda

Falecida unha persoa tras caer nunha zona de rochas no porto da Guarda

Os equipos desprazados á zona investigan as circunstancias do suceso

G24.gal 23/06/2025 20:29 Última actualización 23/06/2025 20:50

Unha persoa faleceu este luns tras caer nunha zona de rochas no porto da Guarda, segundo informou o 112 Galicia.

O aviso produciuse arredor das 19:15 horas, cando Urxencias Sanitarias de Galicia recibiu a comunicación dunha posible caída ao final dunha explanada do porto guardés.

Desde un primeiro momento xa se barallaba a posibilidade de que a vítima estivese falecida.

Os profesionais sanitarios desprazados ao lugar confirmaron o falecemento á súa chegada.

Pola súa parte, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda colaborou nas tarefas de recuperación do corpo, situado nunha zona de difícil acceso.

As forzas da orde investigan agora as circunstancias do suceso.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade