Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home en Baiona tras ser rescatado da auga con síntomas de afogamento

Falece un home en Baiona tras ser rescatado da auga con síntomas de afogamento

O equipo médico intentou repetidamente a reanimación cardio-pulmonar e foi trasladado ao centro de saúde da localidade pero faleceu

Imaxe de arquivo da praia de Santa Marta, en Baiona Imaxe de arquivo da praia de Santa Marta, en Baiona
G24.gal 17/06/2025 20:58

Un home faleceu no municipio pontevedrés de Baiona tras ser rescatado da auga con síntomas de afogamento.

Segundo informou o 112, o equipo médico intentou repetidamente a reanimación cardio-pulmonar, e mesmo foi trasladado ao centro de saúde da localidade, pero faleceu.

Más dunha ducia de chamadas ao 112 alertaron de que sacaran a unha persoa da auga en Baiona, concretamente na Praia de Santa Marta.

Solicitaban asistencia médica urxente para o home, que xa estaba na area e que presentaba síntomas de afogamento. Aínda que non está claro que ocorreu, a persoa faleceu tras varios intentos por recuperalo e mesmo a pesar do seu traslado a un centro médico.

Ao momento trasladouse Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e foi necesaria a mobilización doutra dotación médica para atender á acompañante da vítima, que estaba en estado de shock. Tamén se trasladou a Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade