Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan o corpo sen vida dun pescador que caeu ao mar na Coruña

Rescatan o corpo sen vida dun pescador que caeu ao mar na Coruña

Foi nunha zona rochosa do Portiño, na parroquia de Visma

Estaba activado o aviso amarelo por ondas de ata cinco metros

A zona onde o pescador caeu ao mar
G24.gal 08/11/2025 17:38 Última actualización 08/11/2025 20:04

Un home morreu ao caer ao mar mentres pescaba nunha zona rochosa do Portiño, na parroquia coruñesa de Visma. Un helicóptero de Salvamento Marítimo levou a cabo o rescate do corpo.

Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, un particular chamou o 112 para alertar do accidente contra as 16:00 horas. Nese momento, estaba activado o aviso amarelo no litoral por ondas de ata cinco metros.

Ao parecer o falecido, duns 60 anos e veciño do barrio de Agra do Orzán, foi arrastrado pola forza do mar.

Un helicóptero de Salvamento no Portiño nunha imaxe de arquivo Un helicóptero de Salvamento no Portiño nunha imaxe de arquivo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade