Publicador de contidos

Publicador de contidos

Topan o corpo sen vida dunha muller aboiando nunha piscina en Catoira

Topan o corpo sen vida dunha muller aboiando nunha piscina en Catoira

O persoal médico desprazado ao lugar non puido facer nada por salvarlle a vida

A piscina na que apareceu o corpo A piscina na que apareceu o corpo
G24.gal 28/03/2026 12:36 Última actualización 28/03/2026 14:10

Unha muller faleceu este sábado en Catoira por causas aínda sen determinar. O seu corpo foi localizado sobre as 11:30 horas aboiando nunha piscina no lugar de Abalo.

Segundo informa o 112, o persoal médido desprazado ata o lugar non puido facer nada por salvarlle a vida. 

No operativo tamén participaron os Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, o GES de Padrón, a Garda Civil e Protección de Civil de Catoira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade