Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller tras ser rescatada inconsciente do mar en Cee

Falece unha muller tras ser rescatada inconsciente do mar en Cee

Xunto a ela foron rescatados un home e un menor que foron evacuados ao Hospital Virxe da Xunqueira

Sucedeu na praia de Lires no municipio coruñés de Cee Sucedeu na praia de Lires no municipio coruñés de Cee
G24.gal 26/08/2025 18:06

Unha muller faleceu na praia de Lires no municipio coruñés de Cee na tarde deste martes, mentres que un home e un neno están a salvo tras ser rescatados. Os tres foron sacados da auga por varios usuarios do areal e outras persoas que estaban na contorna, segundo confirmou Emerxencias.

O home e o neno foron trasladados en ambulancia ao hospital Virxe da Xunqueira logo de presentar varios golpes nos seus corpos. O incidente ocorreu no extremo esquerdo do areal, nunha zona de rocas.

Pola súa banda, á muller foille practicada a reanimación cardiopulmonar durante un longo período de tempo (primeiro polos bañistas, logo por Protección Civil e, máis tarde, polo persoal sanitario), aínda que nada se puido facer por salvarlle a vida.

A persoa que alertou ao 112 pasadas as 14:30 horas informou de que vira ás tres persoas na auga, pero que desapareceran entre a ondada.

No dispositivo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, Garda Costas de Galicia, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade