Cargando resultados...
Catro emprendedores van renovar o cine de Viveiro para convertelo nun espazo multicultural
Continuarán proxectando películas, pero tamén ofrecen a instalación para acoller conferencias, eventos e exposicións
G24.gal
12/02/2026 21:06
Última actualización 12/02/2026 21:21
Jose e Fernando son dous dos piares sobre os que se asenta o novo proxecto para o cine de Viveiro: convertelo nun espazo aberto a todo tipo de iniciativas culturais.
Nas salas van seguir proxectando películas, pero cando estean libres poden servir de marco para outras actividades.
No vestíbulo, onde situarán unha cafetería, tamén prevén acoller exposicións.
O antigo cine pechou hai pouco máis dun mes. Agora o local está en obras. Xa se renovaron as butacas e a intención é abrir de novo na primavera.