Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mercado de Nadal e Festa dos Callos no claustro barroco de Celanova

Mercado de Nadal e Festa dos Callos no claustro barroco de Celanova

 Unha opción para pasar este día festivo e atopar algún agasallo orixinal son os Mercados de Nadal, como o que se está a desenvolver en Celanova

Ademais, celebrase de xeito paralelo a Festa dos Callos cun comedor instalado no interior do claustro

O Mercado de Nadal de Celanova xa é unha tradición estes últimos anos.
G24.gal 08/12/2025 14:46

O claustro barroco do mosteiro de San Salvador de Celanova convértese estes días nun gran mercado de Nadal. Aquí hai unha morea de opcións para atopar un agasallo diferente e orixinal. 

Artesanía en madeira, xoiería, cosmética natural, pero tamén mel e outro productos derivados. E ademais, moitos postos con antigüidades. E mentres o ambiente se vai animando e a xente vai mercando, o cociñeiro atende a pota xigante dos callos. Con 60 quilos de garavanzos haberá para unhas 600 racións de callos

Festa dos Callos e compras de Nadal non é un mal plan para pasar o día festivo en Celanova.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade