Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un terremoto de magnitude 7,6 sacode o norte do Xapón e activa unha alerta de tsunami

Un terremoto de magnitude 7,6 sacode o norte do Xapón e activa unha alerta de tsunami

As autoridades instan a evacuar máis de 13.000 persoas tras o aviso de ondas de ata 3 metros

O sismo rexistrou intensidade 6 superior na escala sísmica xaponesa

Kyodo/via REUTERS Kyodo/via REUTERS
G24.gal 08/12/2025 16:54

Un terremoto de magnitude 7,6 sacode este luns o norte do Xapón e activa unha alerta de tsunami de ata 3 metros.

Máis de 13.000 persoas das prefecturas de Hokkaido, Iwate e Miyagi recibiron instrucións de evacuar a refuxios ante o risco de tsunami, segundo os primeiros datos das autoridades.

Polo de agora non hai noticia de vítimas.

O sismo rexistrouse ás 23:15 hora local fronte ás costas da prefectura de Aomori, no nordeste do país, con epicentro a 50 quilómetros de profundidade.

A cidade de Hachinohe alcanzou o nivel 6 superior na escala sísmica xaponesa e os municipios de Oirase e Hashikami situáronse no nivel 6 inferior.

O terremoto sentiuse en amplas zonas do territorio, desde o norte ata o centro e o leste, incluída Tokio, onde acadou o nivel 2 da escala nacional.

Activación de alertas de tsunami en varias prefecturas

A Axencia Meteorolóxica do Xapón activou unha alerta de tsunami de ata 3 metros para as costas de Aomori, Iwate e o extremo sur de Hokkaido. 

As prefecturas de Miyagi e Fukushima, así como a costa sur de Hokkaido, tamén quedaron baixo alerta de tsunami de ata un metro. O resto da costa do Pacífico mantén un aviso por posibles cambios no nivel do mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade