A historia viral do mono Punch e o seu orangután de peluche
O macaco de sete meses dun zoo do Xapón rexeitado pola súa manda vive abrazado ao peluche que lles deron os seus coidadores
O boneco tamén se fixo viral: está entre os máis vendidos, e mesmo se esgotou nalgunhas tendas
Con el a rastras, xogando, durmindo, Punch non se separa do seu orangután de peluche. A relación deste macaco de só sete meses co boneco conmoveu milleiros de persoas na Rede a a súa historia fíxose viral.
Punch ao nacer foi rexeitado pola súa nai, tampouco encontrou un oco entre a manda e os criadores deste zoo da cidade xaponesa de Ichiwaka decidiron curbrir ese baleiro co peluche.
"Seguridade, calidez, os animais e o ser humano necesitamos contacto físico non so ter as nosas necesidades alimentarias cubertas senón o contacto físico con esa figura de apego, neste caso o peluche" explica a veterinaria, María Permuy.
Punch e o seu orangután son todo un fenómeno. Milleiros de persoas acoden cada día ao zoo para velos, moitos co famoso peluche ao lombo. Está entre os máis vendidos e mesmo chegou a esgotarse nalgún establecemento.
"Conmóvenos iso porque é un animaliño ao que ves fráxil, que está só, o mesmo nos pasaría se veramos a un neno", engade María Permuy.
A historia de Punch é das que rematan con final feliz. Por fin foi aceptado pola manda e podemos velo xogando coas outras crías e recibindo apertas dos exemplares adultos.