Publicador de contidos

Publicador de contidos

As lesións oculares e os problemas de ansiedade son urxencias médicas frecuentes estes días

As lesións oculares e os problemas de ansiedade son urxencias médicas frecuentes estes días

 

Hai incidencias nas telecomunicacións dalgúns centros de saúde por mor dos incendios

A Xunta reorganiza a atención  médica na provincia de Ourense desde este luns

O persoal sanitario do PAC de Trives viu incrementadas as urxencias por lesións oculares e problemas de ansiedade debido ao lume

 

G24.gal 17/08/2025 21:33 Última actualización 17/08/2025 22:45

Profesionais sanitarias que atenden as urxencias médicas en Trives relatan como foron as últimas xornadas de traballo nunha das zonas castigadas polo lume.

"Levamos oito días con este incendio e isto é esgotador, ves que non se dá resolto", conta a enfermeira.

"O xoves isto estaba moi cheo de fume. A visibilidade era moi curta. O sistema informático caeu e puxémonos a traballar á man".

"Atendemos varios brigadistas, xente común, membros de Protección Civil. A maior afectación foi ocular".

"A min tocoume máis o tema da ansiedade, porque a xente viuse rodeada do fume, viuse que non esperaba a situación e chegou e dicía "que facemos?".

"A xente, a maioría moi resiliente, vén a que o curen, a que lle fagan a vendaxe e a pesar de que está afectada, que está o perigo inminente, sente a necesidade de axudar", din as doutoras.

Debido aos incendios, algúns centros médicos teñen incidencias nas telecomunicacións.  A Xunta decidiu centralizar a atención sanitaria nos centros de cabeceira do Barco de Valdeorras, A Rúa, Viana do Bolo, A Pobra de Trives, Verín e Montederramo.                                      

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade