Cargando resultados...
Un turismo esnáfrase contra a fachada dun edificio en Bergondo
O coche quedou encaixado, pero non houbo que lamentar feridos

G24.gal
25/06/2025 16:34
Unha persoa encaixou o seu vehículo eléctrico contra un edificio na Brea, en Bergondo (A Coruña). O condutor quedou ileso.
Segundo o Consorcio Contraincendios e de Salvamento A Coruña, o suceso ocorreu na mañá deste mércores. Desprazáronse os bombeiros do parque provincial de Betanzos, a Policía Local, Garda Civil e Protección Civil.
O coche foi retirado cun guindastre e os bombeiros procederon a apuntalar o muro. Non se tiveron que lamentar feridos nin mortos.