Cargando resultados...
Detidas tres persoas en Vilanova de Arousa nun operativo contra o tráfico de drogas
Os axentes da Policía Nacional seguen investigando por máis posibles detencións

G24.gal
25/06/2025 16:06
Os axentes da Policía Nacional detiveron tres individuos en Vilanova de Arousa (Pontevedra) nun operativo contra o tráfico de drogas.
Así o confirmaron fontes que detallaron que os axentes fixeron dous rexistros na parroquia de András, consultadas por Europa Press.
Así, os axentes incautáronse de varios tipos de drogas. Non descartan máis detencións, polo que a investigación segue aberta.