Falece o condutor dun turismo tras chocar cun camión frigorífico en Santa Comba
Ía acompañado dunha muller veciña de Tordoia, que quedou ferida leve
O condutor do camión frigorífico saíu ileso do accidente
.png)
O condutor dun turismo faleceu este luns en Santa Comba tras chocar cun camión frigorífico. O falecido é un home veciño da Coruña. A vítima ía acompañado dunha muller veciña de Tordoia que quedou ferida leve. O condutor do camión frigorífico saíu ileso do accidente.
Segundo informa o 112 Galicia, o aviso recibiuse arredor das 11:20 horas deste luns, cando un particular alertou de que un remolque e un turismo chocaran no quilómetro 49 da AC-400, ao seu paso pola parroquia de Vilamaior.
#AXEGAInforma dun condutor falecido ao colidir un coche e un camión en Santa Comba.
— 112 Galicia (@112Galicia) June 23, 2025
📍 Quilómetro 49 da AC-400.
▶️O condutor do camión non sufriu danos, mentres que a copiloto do turismo foi ferida leve.
🔗 https://t.co/miOCiTiPMq pic.twitter.com/Dp9y8q98kH
Deste xeito, os responsables do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Emerxencias Sanitarias Galicia-061, do Corpo de Bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil de Tráfico e do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.