Xa está aquí o Resurrection Fest, cun cartel entre os que destacan Judas Priest, Körn e Slipknot
En Viveiro traballan sen descanso para ter todo listo para o inicio do festival este mércores
Conta atrás en Viveiro para o comezo pasado mañá do Resurrection Fest. Unha edición moi especial a deste ano, xa que celebra o seu vixésimo aniversario. Catro escenarios e un cartel de primeira no que, entre outros, figura Judas Priest.
Ocupación hoteleira ao cen por cento, non só na Mariña, senón tamén no occidente de Asturias ata o día 28, que remata o festival.
No recinto traballan xa contrao reloxo para que o mércores se abran ao público as portas deste evento enmarcado, por certo, nos Concerto do Xacobeo.
Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia, e que esta mañá visitou o recinto, di que é un dos grandes eventos dos concertos do Xacobeo. "Este ano redobramos o noso apoio para a celebración dun dos festivais de rock máis importantes, non só xa de España, senón de Europa e mesmo do mundo".