Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conta atrás para O Son do Camiño: a organización ultima detalles no monte do Gozo

Conta atrás para O Son do Camiño: a organización ultima detalles no monte do Gozo

Case todo listo para darlle a benvida ao festival que abre a temporada en Galicia
 

Este xoves arrinca motores O Son do Camiño
G24.gal 10/06/2025 14:46

"O festival está montado, realmente estanse facendo os últimos detalles. Quedan dous días aínda de traballo, pois de decoración basicamente", explica Kin Martínez, director de Esmerarte e codirector do Son do Camiño.

Quedan os retoques, os pequenos detalles que marcan a diferenza e que fan deste un dos máis importantes eventos musicais de todo o noroeste. A falta de dous días para que abra as portas, case mil persoas traballan a marchas forzadas.

"Ultimando todo o que é o recinto tanto a parte perimetral como a parte de loxística, como a parte de mobilidade e todas as infraestruturas", continúa.

Esta mañá visitou as instalacións o director xeral de Turismo para monitorizar o avance dos preparativos deste evento, que ten un impacto económico directo cifrado en máis de 23 millóns de euros.

"A rendibilidade pódese comprobar estes días en Santiago de Compostela con cheo absoluto nos establecementos hostaleiros e nas reservas de restaurantes", recorda Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia.

Preparada tamén a zona de acampada e, como xa é habitual, vai contar cun punto lila.

"Para atender calquera tipo de situación de violencia machista ou 'lgtbifóbica', como non podía ser doutro xeito", apunta María Quintiana, directora xeral de Promoción da Igualdade.

"Preparado tamén está o operativo especial para garantir a seguridade durante a celebración do festival. Máis de trescentos efectivos blindarán por terra e aire Santiago durante estes días. Aos 250 axentes do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil sumaranse efectivos municipais tanto da Policía Local como de Protección Civil e bombeiros", engade Xulia Piñeiro.

En previsión da avalancha de festivaleiros está xa tamén dispoñible no Corte Inglés un punto de pulseración para axilizar o proceso de acceso. Para o xoves e o venres aínda queda algunha entrada. Os bonos están a piques de esgotarse. Aínda non iniciou esta edición, pero xa...

"Xa estamos traballando dende hai meses na edición do 2026", conclúe o organizador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade