Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os asistentes ao Son do Camiño chegan ao último día do festival cansos, pero con ganas de máis

Os asistentes ao Son do Camiño chegan ao último día do festival cansos, pero con ganas de máis

Despois de dous días de festival, os asistentes aínda seguen con ganas de máis

O prato forte do último día son artistas da categoría de Amaral, Estopa, The Prodigy ou Steve Aoki

G24.gal 14/06/2025 15:07

Derreados, pero con ganas de máis, así estaban os asistentes ao Son do Camiño na previa deste terceiro e último día de concertos. Punto final, deste xeito, á edición deste ano despois de que o Monte do Gozo volvera vibrar durante tres días cos concertos deste festival e cos milleiros de persoas entregadas á música e á festa. Que como se vive o Son do Camiño? Pois…

"A verdade é que é algo único. Eu vin o ano pasado por primeira vez e este ano xa comprei a entrada sen saber o cartel nin nada".

"Xa se converteu nunha tradición".

Outro dos temas de frecuente debate é o seguinte: piso ou cámping? Moitos opinan que aloxarse nun piso é a mellor opción polas condicións do sono, as duchas e demais, pero tamén hai moitos que queren vivir a experiencia completa, o que inclúe tamén o cámping.

"Iso, ao final, nun piso estás moi cerrado a chegar alí, durmir levantarse, vir para aquí. Aquí, ao final fas vida no cámping tamén".

"Vas durmir á hora que queres, estás cos colegas... mola moito. Se tes que ir á casa, córtache un pouco o 'rollo'"

Unha bonita experiencia, pero tamén dura… e os asistentes xa deron coa tecla de cal é a forma de sobrevivir a algo así.

"Ganas de festa... e ata que o corpo aguante. É o que toca".

Con todo, o único tema que non se debate son as ganas de pasalo ben e de gozar deste último día, no que artistas de categoría mundial, como Amaral, Estopa, The Prodigy ou Steve Aoki, van ser os encargados de poñerlle a guinda ao pastel e pechar esta sexta edición do Son do Camiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade