Publicador de contidos

Publicador de contidos

As falsas crenzas sobre a nutrición e o deporte das que os expertos alertan

As falsas crenzas sobre a nutrición e o deporte das que os expertos alertan

G24.gal 26/09/2025 21:46

Ao redor da nutrición e o deporte circulan certos mitos ou ideas sen evidencia científica. Entre esas crenzas: pensar que canto máis se súa máis graxa se perde.

"Este é un mito moi frecuente porque pénsase que suamos graxa e non. O que realmente estamos a suar é líquido. A graxa quéimase mediante outro proceso de, digamos, oxidación", explica Valeria Freijedo, Dietista-nutricionista.

E escoitaron algunha vez o de beber auga con azucre para aliviar as maniotas?

"Realmente é algo que se fai desde sempre, pero non axuda. Intentar ter unha alimentación adecuada, equilibrada, consumir suficiente proteína, hidratos de carbono e hidratarse ben despois da actividade" é o aconsellable, segundo esta dietista-nutricionista.

Entre os deportistas que acoden a consulta, hai outro mito que se repite.

"O mito máis habitual dos deportistas é o consumo proteico. Case todo veñen con consumos proteico superelevados e, ao mellor, descoidando outras partes da alimentación como poden ser os vexetais", engade. 

A recomendación dos especialistas cando se fai deporte ou calquera actividade física é manter hábitos alimentarios equilibrados.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar