De Sinatra a Aitana, como mudaron os grandes concertos dos 90 ata a actualidade
Os festivais, antes citas ineludibles para melómanos, colleron forza nos últimos anos sobrepasando o musical
O mesmo recinto, outra época. En 1992 Frank Sinatra cantou na Coruña. Nos 90 os grandes concertos trouxeron a Galicia a Prince ou a Madonna. Tamén españois como Alejandro Sanz ou Mecano. Que mudou en 35 anos?
"Hoxe en día as grandes figuras do pop nacional son Rosalía, C. Tangana, Aitana. Son sempre figuras solistas e responden a unha historia de electrónica e de música urbana quepocuo ten que ver con aqueles grupos cos que nos criamos todos de guitarra, baixo e batería", di o xornalista Javier Becerra.
Especializado en música, Becerra fala tamén dunha evolución que alén dos artistas atinxe ao público:
"Antes semellaba que a xente maior non escoitaba Mecano nin Siniestro Total e que escoitaba a José Luis Perales, por poñer un exemplo. Iso mudou totalmente e agora é todo máis transversal".
Os festivais, antes citas ineludibles para melómanos, colleron forza nos últimos anos sobrepasando o musical.
"Non creo que haxa ningún mozo en Galicia que teña 18, 19 ou 20 anos que non fora a un festival algunha vez na súa vida. Antes aos festivais ía a xente que lle gustaba a música e agora vai todo o mundo a vivir a experiencia", puntualiza Javier Becerra.
O que persiste 35 anos despois é o fenómeno fan que agora conta cunha potente aliada: a tecnoloxía. As redes sociais permitenlles aos artistas interactuar directamente co seu público.