Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cantante canario Quevedo conquistou o Coliseum da Coruña

O cantante canario Quevedo conquistou o Coliseum da Coruña

Coas entradas esgotadas, o artista deleitou os máis de 10.000 espectadores que asistiron á súa primeira actuación na Coruña

Esta noite volverá actuar no mesmo escenario dentro da súa xira Buenas Noches Tour

G24.gal 27/09/2025 08:37 Última actualización 27/09/2025 08:55

O cantante canario Quevedo conquistou o Coliseum da Coruña nunha actuación con todo vendido e nun formato 360º ante máis de 10.000 espectadores entregados, con camisetas coas cores de Gran Canaria e tamén de Galicia.

Na primeira noite do artista na comunidade galega –este sábado, día 27, repetirá– abriu o concerto cun "Boas noites, A Coruña", en honra ao nome da xira, ante un público que puido gozar de toda a experiencia ao redor do escenario nun espectáculo cunha gran despregadura de medios. Kassandra foi o primeiro tema coreado por toda unha platea entregada que durante máis de dúas horas cantou os temas máis coñecidos de Quevedo.

A xira Boas Noites Tour comezou no mes de febreiro en Madrid para continuar por Latinoamérica. Ao seu regreso a España, o cantante encheu os principais recintos das Palmas, Bilbao, Barcelona e Málaga. Esta fin de semana, actúa no maior espazo de eventos en interior de Galicia, o Coliseum da Coruña, antes de pechar a súa xira estatal en Valencia o 2 de outubro.

A montaxe do escenario 360º permitiu que o público ocupara o espazo, na súa totalidade. A anterior ocasión na que o Coliseum tivo esta disposición foi no ano 1992, cando acolleu a xira de Frank Sinatra

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade