Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Orquestra Sinfónica de Galicia presenta nova tempada con 33 concertos e unha xira internacional

A Orquestra Sinfónica de Galicia presenta nova tempada con 33 concertos e unha xira internacional

Fará unha xira polo Reino Unido durante a próxima tempada e abrirá os ensaios aos mozos dos conservatorios da Coruña

Foto de arquivo/Orquestra Sinfónica de Galicia/ Europa Press
G24.gal 02/09/2025 19:07

A Orquestra Sinfónica de Galicia acaba de presentar a programación da nova tempada. Unha tempada diversa que inclúe trinta e tres concertos de abono que se desenvolverán ata xuño de 2026.

Ademais do seu director titular, Roberto González-Monjas, contarán con figuras recoñecidas da dirección internacional e con solistas convidados como os pianistas Javier Perianes ou Alexandre Kantorow.

Na presentación anunciouse ademais a primeira xira da Sinfónica polo Reino Unido ou a participación en proxectos educativos coma Chorus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade