Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xogar a partida no bar, unha tradición que non se perde

Xogar a partida no bar, unha tradición que non se perde

Un costume, sobre todo dos homes, que seguen mantendo en moitas aldeas e vilas galegas

Tamén nas cidades, por exemplo en Ourense, con cafés onde os xogadores de cartas ou o dominó non faltan á súa cita diaria para pasar un bo intre cos amigos

Este grupo de amigos de Ourense levan xogando xuntos 34 anos.
G24.gal 13/11/2025 20:28

O que non é nada retro é botar a partida despois de comer nos bares, porque é un costume, sobre todo dos homes, que seguen mantendo en moitas aldeas e vilas galegas. E tamén nas cidades, por exemplo, en Ourense, hai cafés onde os xogadores de cartas ou o dominó non faltan á súa cita diaria para pasar un bo intre cos amigos

Un deses lugares onde se mantén a tradición de botar a partida despois de xantar é o Café Azteca, en Ourense. Uns xogan ao dominó e outros grupos xogan ás cartas, ao tute ou o subhastado. Desde as tres e cuarto da tarde ata polos menos as seis e media o bar énchse de xogadores. 

E o mellor é o sentido do humor que teñen, e, aínda que non paran de picarse entre eles, entre xogos e risas pasan a tarde

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade