Publicador de contidos

Publicador de contidos

A adicción ao xogo en liña, un mal do século XXI vinculado coa soidade

A adicción ao xogo en liña, un mal do século XXI vinculado coa soidade

Vigo acolle durante a fin de semana o congreso da Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados

G24.gal 04/10/2025 19:42 Última actualización 04/10/2025 20:32

Profesionais e persoas afectadas pola adicción aos xogos de azar reflexionan esta fin de semana en Vigo sobre as consecuencias graves da ludomanía pero tamén sobre a súa prevención e tratamento.

Fano no Congreso da Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados que, nesta vixésimo quinta edición, reúne especialistas no eido da medicina, psicoloxía e psiquiatría, pero tamén persoas que deixaron atrás a ludomanía.

O obxectivo desta reunión, que se vai prolongar durante toda a fin de semana, é avanzar na prevención pero tamén amosar os tratamentos efectivos que existen.   

A soidade

Os dous relatorios deste sábado centráronse nas novas adiccións do século XXI. A doutora da Universidade de Deusto, Pilar Castro relacionounas coa soidade.

Pola súa banda, o doutor Xandre García, psiquiatra e coordinador da Unidade de Saúde Mental do CHOU, abordou a prevención das adicións na poboación máis nova.

Neste sentido, puxo o foco nos límites que deben poñer os pais e as nais para evitar que as redes sociais, sobre todo entre as rapazas, e as apostas en liña, entre os rapaces, rematen por se converter nun problema.

En primeira persoa

Na xornada do domingo haberá tres relatorios en primeira persoa, historias de ludómanas rehabilitados. Un deles, o do nutricionista Pablo Ojeda que vén de publicar Cuando me alimenté del juego. 

Porque na ludomanía, como en outras adiccións, un só non pode pero só pode un mesmo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade