Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo conta cun parque arbóreo para vivir aventuras

Lugo conta cun parque arbóreo para vivir aventuras

Superación de obstáculos, tirolesa, tiro con arco ou lasertag son algunhas das actividades que ofrece un espazo que axudou a crear emprego no rural

G24.gal 02/08/2025 13:07

No rural lugués, na zona de Ombreiro, naceu hai tres anos un parque arbóreo no que os piñeiros serven de base e de piar para unha serie de actividades respectuosas coa natureza e coa vida no rural. Trátase dunha zona de aventuras en que se potencia o deporte, a destreza e tamén as habilidades dos participantes, xa que se propoñen 48 retos diferentes nos que hai que ir superando obstáculos para poder avanzar nun circuíto aéreo no que mesmo hai mesa e bancos suspendidos no aire nos que é posible sentar.

Segundo o creador desta iniciativa empresarial, David López, a idea deste parque arbóreo xurdiulle hai anos como "un xeito de potenciar o rural, de crear emprego aquí e de poñer en valor un espazo e un patrimonio".

As actividades do parque compleméntanse coa oferta de bicis de montaña eléctrica, quads ou lasertag. Ademais, ao estar ás beiras do Narla tamén é posible facer Kaiak e paddel surf.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade