Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha cantina itinerante da Cruz Vermella consegue socializar no rural

Unha cantina itinerante da Cruz Vermella consegue socializar no rural

Ofrecen café e actividades coas que activar a memoria, as habilidades e as destrezas dos maiores

Os que participan desta cantina itinerante aproveitan para tomar un café
G24.gal 04/08/2025 20:51 Última actualización 04/08/2025 21:31

A provincia de Lugo é pioneira nun novo servizo que ofrece a Cruz Vermella: unha cantina móbil.

Trátase dunha idea innovadora coa que esta entidade trata de achegarse aos maiores das pequenas localidades para fomentar a socialización entre os seus veciños. Neste espazo aberto búscase que participen en xogos de memoria, xogos de estratexia e outras actividades coas que resaltar as destrezas e habilidades.

Os que participan desta cantina itinerante aproveitan para tomar un café, botar unha partida, xuntárense cos amigos e coñecer xente nova.

Tamén solicitan que esta actividade se converta en algo semanal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade