Denuncian 17 motoristas no mesmo día e na mesma estrada ourensá por condución temeraria
Denunciaron a cinco por condución temeraria, sete por exceso de velocidade, e catro por outras denuncias como carencia de seguro obrigatorio e itv, mal uso do casco ou adiantamentos antirregulamentarios
Os motoristas foron denunciados o festivo do 12 de outubro na estrada que une Celanova con Bande
Condución temeraria, exceso de velocidade, adiantamentos ilegais ou falta de seguro, son os motivos polos que a Garda Civil de Tráfico de Ourense sancionou nun só día 16 motoristas. Todos eles na estrada que une Celanova con Bande no festivo do 12 de outubro.
O dispositivo contou con patrullas en vehículos camuflados, controis de velocidade e observación a distancia de condutas de risco mediante dispositivos técnicos.
As multas van dos 200 aos 500 euros, ademais da perda de ata 6 puntos no carné. Todo isto nun momento en que Tráfico alerta do aumento de accidentes con motos en Galicia. O ano pasado custáronlles a vida a 26 persoas.