Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden que se amañe unha pista no centro de Salvaterra no Casal

Piden que se amañe unha pista no centro de Salvaterra no Casal

A vía está chea de fochancas e os do butano non queren ir

G24.gal 07/11/2025 20:53

Os veciños do Casal, no centro de Salvaterra, loitaron no seu día por ter unha pista asfaltada. Pero a alegría duroulles pouco. Cinco anos despois, está chea de fochancas. Os do butano non queren ir ás súas casas, as ambulancias baten nos baixos e non gañan para pneumáticas.

Moito pediu no concello de Salvaterra o sogro de Aitor que asfaltasen esta pista que vai desde o Pazo Adega das Barreiras ata a zona do Casal. Algo que fixeron contra o 2020. Pero o firme xa está deteriorado e cheo de fochancas. Hai servizos que xa non queren achegarse ás vivendas.

Mónica González sofre cada vez que o seu coche entra nunha fochanca case pode sentir a dor. Estes veciños falaron co concello antes e despois das municipais e chegou haber un compromiso de amañar a vía, que finalmente non se cumpriu.

Para o pequeno que é a vía, é bastante transitado pola xente que volve de festa e tamén por veciños e pilotos de rally, por iso os residentes aquí queren que se arranxe xa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade