Cargando resultados...
Asaltan unha cafetería de Ribadeo escachando os cristais cun coche
Os asaltantes lograron fuxir no que coche que roubaran previamente
G24.gal
21/09/2025 19:32
Última actualización 21/09/2025 20:13
Ás dúas desta madrugada dous individuos asaltaron unha cafetería de Ribadeo despois de espetar o coche e escachar os vidros das fiestras. Conseguiron facerse cunha máquina de tabaco que estaba chea e que tamén contiña moedas para dar o cambio. Así mesmo, fixéronse cunha caixa rexistradora na que había uns seiscentos euros.
As cámaras de seguridade do establecemento gravaron o momento no que un Seat León de cor negra e roubado rompía os vidros das fiestras da entrada da cafetería La Bugalla.
Os asaltantes, que estiveron tomando unhas consumicións pola tarde no local. Alertada polos veciños, a Garda Civil saíu ao encontro dos asaltantes pero estes lograron fuxir.