O verán maltrata o pelo
A falta de coidados provoca caídas semellantes ás do outono, que é cando renova de xeito natural
Importante coidar a dieta con alimentos ricos en ferro
Os produtos hixiénicos tamén xogan un papel fundamental
"O pelo no verán é unha cousa desastrosa. Entre a suor, o sol, a praia, as piscinas non hai maneira, non hai produtos que vallan", comenta unha muller.
Un dato cando menos curioso sitúa o 8 de agosto como o día que máis cae o pelo de todo o ano. Teña fundamento científico ou non o certo é que cada vez acusamos máis perda de pelo na época estival.
"Castígase moito o pelo polo sol, a praia, o cloro, os hábitos nutricionais que os deixamos un pouquiño de lado", explica Alejandro Bazaco, asesor comercial de Hospital Capilar.
É por iso que no verán é importante non descoidar os hábitos hixiénicos e reforzar unha dieta equilibrada.
"Sobre todo con alimentos fortes en ferro, legumes, verduras e logo á parte o que os coidados capilares que non se deixen, que sempre se intente lavar a cabeza unha vez ao día, aínda que sexa un pouco máis pesado para poder evitar a xeración de exceso de sebo e que se acumule aí cloro e salitre", continúa o dermatólogo.
Lavar o pelo a diario evita que o que vai caer quede acumulado e enredado na cabeza.
"Con que estou a lavar a cabeza. Se a lavo cun xampú que sexa agresivo, danas o pelo e o PH da pel. Pero se ti lavas o pelo con cun xampú axeitado podes lavalo a cantidade de veces que precises ao día. Se va á praia, logo ao ximnasio, despois vas cear, pois lávaste tres veces ao día e xa está, non hai problema, pero se a estás lavando cun xampú malo pois loxicamente vai haber problemas", conclúe Alejandro Bazaco.