Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido con sete chisqueiros e alcol o suposto responsable dun incendio na Estrada

Detido con sete chisqueiros e alcol o suposto responsable dun incendio na Estrada

Unha testemuña alertou as autoridades ao ver un home que estaba a prender lume

G24.gal 26/09/2025 20:29

A Garda Civil detivo un home de 49 anos como presunto autor do incendio forestal que se rexistrou este xoves na Estrada. 

Foi unha testemuña a que alertou as autoridades ao ver un home que estaba a prender lume ao longo dunha estrada. Ao chegar á zona, os axentes viron un contedor de lixo calcinado, e a 200 metros do lume, unha persoa que coincidía coa descrición, con bebidas alcohólicas e sete chisqueiros. 

O arrestado ten antecedentes policiais e foi posto en liberdade tras o seu paso a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade