Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incéndiase un barco a unha milla do Cabo Vilán

Incéndiase un barco a unha milla do Cabo Vilán

Os dous mariñeiros están sans e salvos a bordo doutra embarcación que estaba pola zona

G24.gal 26/09/2025 19:08 Última actualización 26/09/2025 20:01

Un barco pesqueiro de Muxía incendiouse fronte ás costas galegas na tarde deste venres. O suceso ocorreu arredor das seis e media a unha milla do Cabo Vilán.

A bordo do Nuevo Virgen Guadalupana estaban dous mariñeiros, que avisaron o 112 e conseguiron refuxiarse na balsa salvavidas.

 Salvamento Marítimo mobilizou a Salvamar Altair e emitiu un aviso aos barcos que navegaban pola zona.

 

Precisamente foi outro pesqueiro o que recolleu os dous tripulantes da balsa salvavidas.

Os dous mariñeiros están sans e salvos e non precisan asistencia médica.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade