Rescatan os 4 tripulantes dun pesqueiro á deriva ao noroeste do cabo Prior
O Nuevo María Teresa sufriu un fallo de motor e foi remolcado pola Salvamar Betelgeuse
O barco é trasladado ao peirao de Oza

Os catro tripulantes dun pesqueiro que se atopaba á deriva a dúas millas ao noroeste do cabo Prior foron rescatados na tarde deste venres, tras un fallo de motor.
Segundo informou Salvamento Marítimo, o aviso rexistrouse ás 16:45 horas, cando o pesqueiro Nuevo María Teresa escorou e quedou sen goberno.
A tripulación solicitou asistencia para o seu traslado á Coruña.
O Centro de Coordinación de Salvamento mobilizou a Salvamar Betelgeuse, que remolca o barco cara ao peirao de Oza, na cidade da Coruña.
Pesquero de 14m. a la deriva por fallo del motor a 3 millas al NW de Cabo Prior, con 4 tripulantes. CCS Coruña moviliza la Salvamar Betelgeuse, que lo remolca al muelle de Oza en A Coruña #PescaSegura pic.twitter.com/rHqVfQC4as
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) September 26, 2025