Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comisan case 200 quilos de polbo na Guarda nunha semana

Comisan case 200 quilos de polbo na Guarda nunha semana

Gardacostas intervén máis de 2.250 botes irregulares e mobiliza catro embarcacións

Mar advirte do risco para o ciclo reprodutivo e da “competencia desleal” ao sector

O sector pide máis controis para evitar que desapareza o recurso

Botes irregulares comisados para capturar polbo furtivo
G24.gal 26/09/2025 16:55 Última actualización 26/09/2025 17:01

O servizo autonómico de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, comisou preto de 200 quilos de polbo na última semana na Guarda, nun operativo no que se interviñeron máis de 2.250 botes irregulares.

Segundo explicou a Consellería, este tipo de nasas ilegais carecen de identificación, o que dificulta a localización dos presuntos infractores.

Son uns aparellos que están permitidos en Portugal, pero prohibidos en Galicia, polo que o 64 por cento dos comisos son na zona da Guarda e da ría de Vigo onde traballan embarcacións do país luso.

Ademais, en numerosas ocasións no interior aparecen femias a custodiar as postas, o que pon en risco o ciclo reprodutivo e a conservación da especie.

Mar subliña que estas prácticas constitúen unha “competencia desleal” para o sector que captura polbo ao abeiro do plan de xestión vixente e comprometen a sustentabilidade do recurso.

Para as actuacións foi necesaria a mobilización de catro unidades: Mar de Galicia, Punta Roncadoira, Valentín Paz de Andrade e Irmáns García Nodal.

O Servizo de Gardacostas de Galicia comisou no que vai de ano 7.600 quilos de polbo e 10.000 cacharros utilizados para a súa pesca ilegal. O sector pide máis controis para evitar que desapareza o recurso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade