Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio forestal en Rubiá obrigou a cortar a N-120

Un incendio forestal en Rubiá obrigou a cortar a N-120

O lume, estabilizado en hora e cuarto, comezou na parroquia da Veiga de Cascallá

Medio Rural mantén vixilancia sobre outro incendio en Portugal próximo a Galicia

 

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 26/09/2025 17:32

Un incendio forestal en Rubiá obrigou este xoves a cortar ao tráfico a N-120 ao seu paso polo municipio, segundo informou o 112 Galicia.

A estrada permanece cortada no punto quilométrico 445, á altura da parroquia da Veiga de Cascallá, onde se iniciou o incendio ás 15:30 horas.

A Consellería do Medio Rural confirmou que o incendio quedou estabilizado ás 16:45.

No operativo de extinción traballan catro axentes, tres brigadas, dúas motobombas, un helicóptero e dous avións.

Ademais, Medio Rural mantén a atención posta nun incendio en Portugal próximo á parroquia de Rubiás, en Calvos de Randín, que polo momento non entrou en territorio galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade