Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xunta e sector alíanse contra a proposta de eliminar o fondo europeo de pesca

Xunta e sector alíanse contra a proposta de eliminar o fondo europeo de pesca

Rueda chama a "reverter" os recortes de fondos europeos para a pesca: "A inquietude é seria"

G24.gal 18/09/2025 13:35

Xunta e armadores alíanse contra a proposta da Comisión Europea de eliminar a partir do 2027 un fondo específico para a pesca e a acuicultura. Defenderon hoxe en Vigo que Galicia non vai quedar calada.

O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o presidente de ARVI (Cooperativa de Armadores de Vigo), Javier Touza, aseguran que os cartos europeos son clave para apoiar a remuda xeracional no mar e renovar a frota.

Na inauguración da conferencia internacional organizada por ARVI este xoves, o presidente da Xunta e o presidente dos armadores vigueses repasaron os retos aos que se enfronta o sector, entres os que destacan a falta de remuda de profesionais, o descenso de consumo de peixe ou a descarbonización dos barcos.

Javier Touza dixo que ante as mensaxes "preocupantes" que chegan de Bruxelas Galicia non pode quedar "calada", porque está en xogo, afirmou, o futuro do sector. Na mesma liña expresouse Alfonso Rueda, que afirmou que "non pode haber un corte radical" nos fondos de pesca. 

Rueda asegurou que o Goberno galego loitará por "reverter" os recortes de fondos europeos previstos para a pesca no novo período plurianual 2028-2034. "A inquietude é seria e creo que real", afirma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade