Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas reforzará a Atención Primaria de cara ao verán nos centros de maior demanda

O Sergas reforzará a Atención Primaria de cara ao verán nos centros de maior demanda

O Consello da Xunta aproba un investimento de 12,1 millóns de euros para poder afrontar as tensións naqueles lugares onde se incrementa a poboación e require de máis persoal

G24.gal 23/06/2025 13:25 Última actualización 23/06/2025 16:14

O Consello da Xunta aprobou este luns un investimento de 12,1 millóns de euros para reforzar os servizos de atención primaria durante este verán.

O plan contará como xa fixera no ano anterior cunha bolsa de persoal voluntario para cubrir gardas nos PAC. Esa bolsa "suma, polo momento, 149 profesionais", explicou tras a xuntanza do Consello, o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo.

Ademais tamén contempla a participación voluntaria de médicos do 061 en gardas de atención primaria e hai ofertas de mobilidade temporal para que os facultativos se despracen a centros de saúde de maior demanda.

Ao mesmo tempo, tamén se volve contar co programa de reforzo con persoal residente MIR de cuarto ano nas especialidades de pediatría e medicina familiar.

"O ano pasado funcionou", dixo Calvo, e defendeu, en concreto, este programa para que os médicos residentes de último ano poidan atender nas consultas cunha supervisión, algo que o ano pasado espertou as críticas do Goberno central.

Sobre a dispoñibilidade de camas hospitalarias durante este verán, Calvo apuntou que aínda non están os "datos pechados" pero insistiu na efectividade do plan do verán de 2024 e espera que este ano "funcione igual ou mellor".

Segundo as cifras ofrecidas pola Consellería de Sanidade, manteranse operativas unha media do 91,7 % das camas, fronte ao 88,6 % do ano anterior, aínda que se habilitarán máis de ser necesarias, xa que o 100 % delas estarán dispoñibles para ser empregadas.

As porcentaxes varían en función das áreas sanitarias, cun 88,5 % de camas hospitalarias operativas na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos ou un 90 % nas da Coruña e Cee; Pontevedra e O Salnés; e Vigo.

Por outra banda, o Consello de la Xunta aprobou a convocatoria da oferta pública de emprego (OPE) do Servizo Galego de Saúde para este ano, xa anunciada a principios de xuño, que contará cun total de 3.460 prazas, o que supón 2.000 máis que as previstas.

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, presidiu o Consello de la Xunta deste luns, xa que Alfonso Rueda, desprazouse a Portugal para recibir as chaves da cidade do Porto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade