Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha colisión entre dous vehículos en Oza-Cesuras deixa un morto e dous feridos

Unha colisión entre dous vehículos en Oza-Cesuras deixa un morto e dous feridos

A vítima mortal quedou atrapada e tivo que ser liberada polos servizos de emerxencia

Unha das persoas feridas foi evacuada en helicóptero

G24.gal 16/06/2025 17:21 Última actualización 16/06/2025 19:45

Un home faleceu este luns nun accidente de tráfico no lugar de A Queimada, na parroquia de Rodeiro, no concello coruñés de Oza-Cesuras.

O sinistro produciuse arredor das 15:00 horas no cruzamento das estradas AC-230 e DP-3203 cando dous vehículos chocaron de maneira lateral.

O condutor dun deles faleceu no acto. As outras dúas persoas feridas viaxaban no segundo coche. Unha delas tivo que ser evacuada en helicóptero medicalizado con base en Ourense e a outra presentaba feridas de carácter leve.

Para liberar o corpo da vítima mortal foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Betanzos e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Curtis.

Ao lugar acudiron ademais efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento de estradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade