Publicador de contidos

Publicador de contidos

Todo preparado en Panxón e Nigrán para as fogueiras desta noite

Todo preparado en Panxón e Nigrán para as fogueiras desta noite

AXEGA será este ano por vez primeira a responsable do dispositivo de seguridade

O Concello autorizou 85 cacharelas, dúas delas están no areal de Panxón

G24.gal 23/06/2025 13:46

Nigrán é un dos puntos máis representativos e de maior afluencia do sur da provincia de Pontevedra. O Concello autorizou 85 cacharelas, dúas delas están no areal de Panxón. Xa pola mañá comezábase a despregar un complexo dispositivo de seguridade que por vez primeira conta cunha unidade de mando avanzado da AXEGA, ademais de cos drons do Equipo PEGASO da Garda Civil.

Pola mañá últimos toques ás dúas grandes cacharelas da praia de Panxón, unha localidade que celebra estes días as súas festas patronais. A festa é o inicio do tradicional veraneo de moitas familias.

As multas para os que fagan buratos ou danen as dunas poden ascender a 2.000 euros. Hoxe as escasas sardiñas que había vendéronse a 20 euros o quilo nunha céntrica peixería da vila, e esgotáronse.

Moitos irán de botellón, pero outros farán gasto nos establecementos da praia. En edicións pasadas cando a festa cadrou en sábado chegáronse a xuntar nas praias 65.000 persoas, a cifra prevista para hoxe será menor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade