Nace a Federación de Comisións de Festas e Verbenas Populares de Galicia
O principal obxectivo da Federación é darlle voz ao colectivo e asesorar os integrantes das comisións
Consitutiuse en Santiago a Federación de Comisións de Festas de Galicia, un organismo que nace para establecer unha bases comúns que axuden ás comisións e aos concellos a afrontar os retos de organización e administración que afectan ás verbenas e festas patronais.
Cren necesario unha maior coordinación entre as administracións e as comisións para garantir a continuidade das festas populares. A Federación nace para darlle voz ao colectivo e tamén para ofrecer asesoramento aos integrantes das comisións.
"O obxectivo fundamental é ter unha voz. Que esa voz poida ser escoitada e que se poida protexer, favorecer e guiar ás comisións de festas nunhas esixencias técnicas e legais cada vez máis complicadas.", explica o promotor da Federación, Xabier Alonso.