A festa do salmón da Estrada reparte máis de 5.000 racións nunha degustación popular
Conta coa participación de 18 restaurantes, cada un coa súa proposta culinaria
O prezo da degustación rolda os 4 euros e este ano esperan batir récords de participación
"A festa do salmón é unha cita que para todos os estradenses está marcado no calendario porque é o arranque do calendario festivo aquí na Estrada", di unha das persoas que acudiu á festa.
O salmón é o gran protagonista desta festa con tapas, menús especiais e a gran degustación popular, que cada ano reúne unha multitude de persoas no centro da Estrada.
O evento conta este ano coa participación de 18 restauradores, cada un coa súa proposta nesta degustación popular. Cada establecemento participante pode presentar unha o dúas propostas culinarias.
"Presentamos un salpicón de salmón, unha receita que levamos moitos anos facendo, está tendo boa acollida e esperamos que lle guste a todo o mundo", comenta unha restauradora.
O prezo da degustación rolda os 4 euros. Prevese repartir máis de 5.000 racións. Este ano esperan batir récords de participación.
"Isto cada día supérase máis", "Está todo moi bo", "Moi ben, a festa do salmón é un éxito garantido", din algúns comensais.
A Festa do Salmón da Estrada naceu en 1974 como un xeito de poñer en valor un dos recursos naturais más emblemáticos da comarca: o salmón do río Ulla.
Co paso dos anos, esta celebración converteuse nunha das grandes citas gastronómicas da zona.