Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os illados por hantavirus no Gómez Ulla sairán do cuarto se volven dar negativo

Os illados por hantavirus no Gómez Ulla sairán do cuarto se volven dar negativo

O home de 70 anos que deu positivo permanecerá na unidade de illamento ata a súa recuperación clínica

As dúas mulleres de Barcelona e Alacant poderán seguir a corentena na casa cunhas condicións específicas

Prensa diante do hospital Gómez Ulla. EFE/Rodrigo Jiménez Prensa diante do hospital Gómez Ulla. EFE/Rodrigo Jiménez
G24.gal 17/05/2026 13:07 Última actualización 17/05/2026 14:09

Os 13 contactos de hantavirus que permanecen ingresados no hospital Gómez Ulla de Madrid, someteranse a unha segunda proba este luns, cando se cumpre unha semana desde a realización da primeira PCR.

Conforme ao protocolo aprobado pola Comisión de Saúde Pública, se sae negativa poderán comezar saír dos seus cuartos e acceder ás zonas comúns do andar no que se atopan. 

Do mesmo xeito, terán a posibilidade de recibiren visitas de familiares, sempre baixo as medidas de protección e prevención establecidas polas autoridades sanitarias.

A súa situación volverá revisarse aos 28 días do inicio da corentena, que neste caso comezou o pasado 10 de maio cando desembarcaron en Tenerife. 

Sobre o home de 70 anos que deu positivo o pasado luns, vai continuar na Unidade de Illamento e Tratamento de Alto Nivel do mesmo centro hospitalario ata a súa recuperación clínica.

O hospital universitario de San Xoán, en Alacant. EFE/Morell O hospital universitario de San Xoán, en Alacant. EFE/Morell

Corentena domiciliaria

Respecto ás mulleres ingresadas en Barcelona e Alacant por ser contacto de hantavirus cunha das falecidas, coa que compartiron un voo, poderán recibir visitas desde este luns tras dar negativo na última PCR deste sábado.

De manteren esta evolución favorable, e corroborar que non hai contaxio, poderán seguir a corentena nos seus domicilios a partir do vindeiro sábado 23 de maio, cando se cumpren 28 días da data de exposición.

O relatorio de alertas, que conforman persoal técnico do Ministerio de Sanidade e das comunidades, reúnese esta semana para fixar as condicións específicas desa corentena domiciliaria, segundo fontes do departamento que dirixe Mónica García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade