Unha trintena de colleiteros e adegas participan na 63ª Feira do Viño do Ribeiro
É a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia
O viño é o motor económico desta comarca
Ribadavia acolle esta fin de semana unha cita ineludible para os amantes dun viño que é o motor económico da comarca.
"Teño 22 anos e levo vindo cinco ou seis anos".
"Eu levo vindo desde pequena e cada ano seguimos crecendo", explican un mozo e unha moza.
Vinte e nove adegas e colleiteiros da denominación de orixe presentan as variedades que elaboran. Hai obradoiros de cociña con chefs e sumillers afamadas e unha cata popular para elixir os mellores viños desta edición.
"Estamos todos borrachos pero estamos todos moi ben"
"O viño do ribeiro moi ben. Encántanos o viño. Moi rico. Está boísimo. Afroitado, dulzón. Recomendámosvos vir, é a mellor feira de toda Galicia".
"O tinto está riquísimo e o branco tamén. Hoxe en día os viños do Ribeiro están a un nivel altísimo".
"Estamos vendo que hai moitísima xente sobre todo nas horas puntas. Estamos contentos", contan outros asistentes.
A Feira do Viño do Ribeiro supera xa as seis décadas de historia. Pero cada ano conta con novidades.
"Unha das novidades máis importantes da 63 edición da Feira do viño do Ribeiro é a adaptación inclusiva a través da linguaxe de signos. É unha feira que vai mellorando".
Outra novidade é a celebración en paralelo dunha feira de artesanía.