Cargando resultados...
A festa dos Maios, unha homenaxe á primavera
Hainos enxebres, artísticos e creativos
Elabóranse auténticas esculturas vexetais ás que se lle canta e baila
G24.gal
02/05/2026 15:30
A cidade de Ourense celebra este domingo o día dos Maios. Unha festividade de orixe incerta pero con séculos de historia na que se rende homenaxe ao renacer da natureza na primavera.
Grupos de amigos, asociacións ou colexios traballan durante semanas para elaborar auténticas esculturas vexetais que despois exhiben acompañadas das tradicionais coplas.
Tan só deixou de celebrarse durante a Guerra Civil e na Pandemia cando foi substituída por uns maios virtuais.