Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queremos Galego reclama na rúa unha lingua "vital" e non "residual"

Queremos Galego reclama na rúa unha lingua "vital" e non "residual"

Ana Pontón participou na marcha e pedíu que se traballe para que o galego estea presente en todos os ámbitos da vida social 
 

G24.gal 17/05/2026 12:42

Miles de persoas saíron este domingo ás rúas de Compostela para reivindicar un idioma galego "vital" e non "residual" no seo da protesta convocada cada 17 de maio por Queremos Galego cuxo presidente, Marcos Maceira, pediu rectificar a política lingüística.

A protesta arrincou este mediodía desde a Alameda compostelá e percorreu o centro da capital galega ata a Praza da Quintana, onde houbo varias actuacións musicais. 

Na manifestación participaron representantes políticos, como a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López

Ana Pontón cargou nas súas palabras á prensa contra un decreto do plurilingüismo que considera "un timo" pois, dixo, o único que avanza "é o monolingüismo en castelán".

Unicamente un goberno que "ame" esta lingua será capaz de reverter a situación, subliñou a dirixente nacionalista.

O galego é unha lingua "viva" que abre moitas fronteiras e á que hai que deixar de "atacar" para pasar a "traballar a favor" como fan os moitos creadores que "triunfan en galego", reclamou, e como facía Begoña Caamaño, homenaxeada neste Día das Letras, que non tiña "límites" nesa tarefa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade