A Coruña segue de festa tras o ascenso do Dépor á Primeira División
Os xogadores sairán ao balcón do Concello contra as 19:00 horas para celebrar o momento cos seareiros
A Coruña recibe o Deportivo nunha madrugada de primeira
O ascenso do Dépor deixará un importante impacto económico na Coruña
A Coruña amenceu este luns cunha mestura de euforia e esgotamento, e algún mesmo quedou afónico.
"Porque a noite moi longa". "Houbo moita festa".
As conversas nas terrazas e na rúa seguen centradas no partido co que o Dépor acadou o ascenso á máxima categoría do fútbol español... e moitos continúan lucindo as camisetas.
"Con moito orgullo".
E os que aínda non a tiñan non dubidaron en achegarse á Depor Tenda para mercar unha delas.
"Unha camiseta ou algo para lembrar este momento". "Eu veño por unha camiseta para o meu sobriño... porque lle fai ilusión".
Contra a unha desta tarde os xogadores facían a súa primeira aparición no Espazo Avenida de Abanca, tras a longa noite de celebración.
E a festa vai continuar esta tarde aquí, en María Pita, onde os seareiros branquiazuis volverán a xuntarse porque, contra as sete, os xogadores sairán ao balcón do Concello para compartir este momento do ascenso do equipo a Primeira División cos milleiros de afeccionados.
Unha celebración na que a propia María Pita, vestida coa camiseta do Dépor e portando a bandeira do equipo, se converterá tamén en protagonista e testemuña desta xornada que promete volver a tinguir o centro da cidade de azul e branco.
"Eu sigo de festa". "E o domingo haberá que ir a Catro Camiños".
Porque o próximo domingo, tras o último partido do Dépor contra As Palmas, haberá outra celebración, desta volta cos xogadores, na contorna da fonte de Catro Camiños.