Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña impulsa unha campaña para promover o civismo durante a noite de San Xoán

A Coruña impulsa unha campaña para promover o civismo durante a noite de San Xoán

O obxectivo de 'En San Xoán, limpar as praias é de primeira' é conseguir que a xente que goza dos espazos públicos os deixe limpos ao remate da festa

Repartiranse unhas 2.000 pulseiras cun reactivo para detectar substancias químicas na bebida e evitar agresións sexuais

G24.gal 18/06/2026 13:33

"En San Xoán, limpar as praias é de primeira" é a campaña para promover o civismo na noite do día 23, presentada este xoves na Coruña.

O obxectivo é conseguir que a xente que goza dos espazos públicos, como praias e prazas, os deixe limpos ao remate da festa.

A campaña posta en marcha polo concello da Coruña, os empresarios de ocio nocturno e as asociacións de veciños pretende aproveitar o tirón do ascenso do Deportivo e o Leyma á máxima categoría para promover na cidadanía condutas cívicas durante a noite de San Xoán.
Un obxectivo que queda explicitado no lema elixido para a campaña, "En San Xoán, limpar as praias é de primeira".

"A campaña ten un obxectivo claro que é que o San Xoán sexa un exemplo de festa cívica, de festa limpa en todos os ámbitos en que se celebra".

Ademais do reforzo do servizo municipal de limpeza, unhas das novidades será reservar medio cento de parcelas na praia de Riazor para uso de asociacións e entidades que deben comprometerse a deixala limpa ao rematar a festa.

"Tentemos en certa medida deixalo como o collemos cando chegamos a eses espazos, limpos e que deamos un exemplo de que somos unha cidade de primeira, non só no ámbito deportivo senón tamén no social".

Nos puntos violeta instalados ao longo do paseo marítimo, repartiranse unhas 2.000 pulseiras cun reactivo para detectar substancias químicas na bebida e evitar agresións sexuais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade