Galicia prepárase para temperaturas extremas
Empeza o verán cun episodio de temperaturas altas pola irrupción dunha masa de aire moi cálido a partir deste domingo
Agárdanse máis de 40 ºC en varias zonas de España e anomalías térmicas positivas de ata 20 ºC
"Eu veño de Italia, e alá vai moita máis calor onde estou eu. Alá hai tipo 37 graos hoxe", comenta unha rapaza.
É a primeira vaga de calor no oeste de Europa, e aquí tampouco nos imos librar. Se estes últimos días o pasamos mal...
"Bastante mal, eu a calor non a levo moi ben", apunta unha muller.
...pois ollo co que vén a partir do domingo porque a anomalía térmica vai andar entre os 6 e 8 graos por riba do habitual.
"Temperaturas que de base estarán por riba xa dos 30 graos na maior parte de Galicia, desde o domingo e as zonas onde loxicamente superaremos os límites mesmo de aviso por riba dos 36 posiblemente serán Valdeorras, Verín, Miño de Ourense", explica Alberto Romero, meteorólogo de MeteoGalicia.
E o Miño de Pontevedra tamén. Nesas zonas vai ser moi difícil estar na rúa, aínda que a opción da casa tampouco vai ser mellor en moitos casos.
"No noso salón, ademais que lle dá o sol pola tarde 28 graos, 20 pode chegar", engade un señor.
Con este panorama os ventiladores pouco van facer. As que si se dispararon foron as vendas de aire acondicionado.
"Todo o mundo está mercando un aínda que sexa grande, un aire acondicionado portátil para ter ben a casa", relata Suso Requeijo, responsable de tenda.
En Galicia non hai tanto tempo isto era impensable.